reciclaxe

EMPREGANDO O SENTIDO COMÚN NUN LABOR DE TODOS

ECOLUM

Sitema Integrado de Xestión, co obxectivo principal do coidado e protección do medido ambente a través da creación dunha estructura organizativa sin ánimo de lucro que responde ás necesidades da xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

Os productores deben cumplir coas obrigas de recollida, transporte e reciclado de luminarias, lámparas mais equipos asociados que establece o Real Decreto para productores, e estas serán levadas a cabo pola Fundación ECOLUM.

 

 

 

 

 

 

 

AMBILAMP

“Reciclar a luz é reciclar a vida” Ambilamp é unha asociación formada polos principais fabricantes españois de iluminación que pon ao dispor de todos os usuarios os medios para recoller as lámpadas de aforro e fluorescentes usados e transportalos ás plantas de tratamento onde se garante a súa reciclaxe.

O noso comercio chegou a un acordo con Ambilamp para ofrecerlles un lugar seguro onde depositar estos residuos, lámpadas de aforro e tubos fluorescentes, rectos e circulares.

Debemos reciclalas xa que conteñen pequenas cantidades de mercurio que pode ser nocivo para o medio ambente. Ademáis, os seus distintos compoñentes (plástico, vidro e metal) son reciclables e reutilizables.

 

 

 

 

 

ECOPILAS

Fundación para a Xestión Medioambental de Pilas, creada polo sector de pilas e baterías ó principio de corresponsabilidade dos productores sobra a xestión dos residuos derivados destos productos unha vez chegados ó final da súa vida útil.

O Recopilador

Baixo este nome creouse unha personaxe que sirve de nexo de unión entre os usuarios finais e a Fundación Ecopilas para achegar á cidadanía a importancia da recollida selectiva das pilas ou baterías usadas, e poderá atopar no noso negocio contenedores para depositar as mesmas, sin ningún coste adicional e colaborar así cun mundo máis limpo.

É importante recordar que no prezo das pilas e acumuladores está engadido o custe da xestión ambental do producto, según o Real Decreto 106/2008 de Pilas e Baterías Usadas entrado en vigor o pasado 26 de setembro de 2008.

 

 

 

 

SIGFITO

É unha sociedade sen ánimo de lucro creada co obxectivo de organizar un sistema de recollida periódica de envases fitosanitarios para darlles un tratamento medioambental correcto.

Contribuiremos á preservación do Medio Ambente e a un desenrolo sostible da nosa agricultura, cun sistema eficaz e viable de recollida dos envases vacíos dos productos fitosanitarios.

Polo tanto non dubide, como usuario final, en traernos os botes e caixas usados dos herbicidas, insecticidas e funxicidas que empregue para o seu posterior tratamento, cumprindo así coa lei vixente e coa do sentido común.

SÍGUENOS

IDIOMA

es

gal

CHÁMANOS

Política de Privacidade