outros servizos

SERVIZOS EXTRAS QUE COPMPLEMENTAS A ATENCIÓN Ó CLIENTE

MILES DE CORES

Ademáis da ampla gama de pinturas e tratamentos das que dispomos, tamén ofrecemos o servizo de pinturas á carta de Duraval. Escolla o color que máis lle guste dunha amplísima gama Ral, tanto no sector doméstico como no industrial, e nunha horas terao listo para recoller e disfrutar.

GARANTÍAS

E todos estos servizos extras sempre co compromiso e a profesionalidade de empresas punteiras coas correspondentes certificacións e homologacións que garanten unha compra segura e tranquila. Estos selos de calidade permítennos satisfacer ó cliente e garantir a súa compra, sen riscos nin desconfianzas, xestionando as garantías de xeito correcto cando é oportuno.

A FORMACIÓN

Organización de charlas, coloquios e demostracións impartidos por especialistas na materia. Material informativo e de preparación diverso. Dípticos, libros, revistas, etc. Todos eles encamiñados ó coñecemento máis polo miúdo de productos e aplicacións.

Colabroación cos provedores e fabricantes para impartir cursos de formación en distintas áreas, fitosanitarios, fontanería, materiais de construcción, así como da dispoñibilidade de contactos expertos e profesionais nas distintas materias para aclarar calquera dúbida ou cuestión que puidera xurdir.

 

 

PRÉSTAMO DE FERRAMENTA E MAQUINARIA

Benefíciese do préstamo totalmente de balde de ferramenta e maquinaria máis específica para a instalación dos materiais. Pistolas e pinzas hidráulicas e de batería, tenazas especiais, pinzas de tensión, sopletes, etc. Non deixe de acometer a reforma ou a obra por non dispor das ferramentas precisas. Sempre supeditado á disponibilidade do momento.

 

 

O MUNDO DAS PECHADURAS

Dispoñemos de máquinas de duplicado de chaves de serreta normais e de seguridade. Tamén nos facemos cargo de amaestramento de cilindros e candados para instalacións, vivendas ou empresas e mesmo de duplicado de mandos a distancia de garaxes, portais, etc.

 

 

DECORACIÓN A MEDIDA

Ofrecemos tamén o servizo de estores, rieles, persianas, celosías e mosquiteiras a medida. Traianos as dimensións e tras presuposto previo, adquira esta gama de decoración adaptada ás súas necesidades. Sempre traballando coa maior das garantías posibles.

Corte de vidro para fiestras, portas, estantes, chimeneas, etc. Estanterías en diversos modelos adaptadas ós seus espazos e pesos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROTECCIÓN LABORAL

Tanto en vestimenta como en instalacións destinadas á protección laboral, como as liñas de vida, xestionamos o seu deseño, instalación e certificacións. De igual xeito, ofrecemos o servizo de bordados ou serigrafiados para todo tipo de prendas laborais, sempre traballando cos mellores fabricantes e garantizando unha oferta amplísima en todas as liñas de mercado, alta visibilidade, traballo en ambentes fríos, húmedos, etc.

SÍGUENOS

IDIOMA

es

gal

CHÁMANOS

Política de Privacidade