ASESORAMENTO

BENEFÍCIESE DA NOSA EXPERIENCIA E DÉIXESE ASESORAR POR ANOS DE TRABALLO

UNHA OPINIÓN MÁIS

O sentido de Empresa Familiar reforza o trato persoal e a cercanía na atención. A preparación e coñecemento dos materiais fundamentan a confianza. Ese trato personalizado que ofrecemos é indispensable para conseguir un mellor entendemento e comunicación co cliente amáis do apoio e asesoramento prestado polas casas comerciais e fabricantes punteiros no sector.

Non deixe que o seu proxecto quede a medias ou incompleto por descoñecemento ou desconfianza, achéguese, consúltenos e dentro das nosas posibilidades aportarémoslles a mellor das solucións posibles.

Tamén somos conscentes dos nosos recursos e xamáis recomendaremos nada do que non esteamos seguros nin do que os nosos provedores non nos recomenden.

 

 

ASESORAMENTO AGRÍCOLA

Mención á parte ten o asesoramento agrícola, coa experiencia que nos dan os máis de corenta anos no sector e a dos inxenieiros técnicos agrícolas de empresas punteiras en fitosanitarios como Syngenta, BASF ou Bayer. Estudios de patoloxías, tratamentos e visitas periódicas ás plantacións, para control e seguemento de cultivos en tempada. Información sobre composicións para pradeiras e céspedes, abonados, escarificados e demáis coidados necesarios. Indiciación e demostracións sobre o funcionamento de maquinaria agrícola, tanto manual como automática.

En fin, un amplo abano de posibilidades que axuden ó noso cliente a desenvolver o mellor posible a súa actividade e tente resolver as súas dúbidas coa maior das seguridades posibles. Todo isto supón un complemento máis para unha maior garantía e profesionalidade no servicio.

RESPALDO PROFESIONAL

Tantos anos detrás dun mostrador e unha carteira de clientes máis que digna, permítenos poder acceder a empresas profesionais en tódalas seccións que traballamos e poder prestar ese servizo de asesoramento profesional que calquera de nós quisera recibir.

Non pretendemos ser os mellores nin os máis económicos, pero si podemos asegurar que en profesionalidade competimos cos mellores e sempre seremos accesibles e honestos, defendendo un prestixio gañado ao largo das décadas.

SÍGUENOS

IDIOMA

es

gal

CHÁMANOS

Política de Privacidade